versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión reuniu no pavillón seiscentas persoas na súa festa dos maiores

[07/09/2010]

A celebración o domingo do día dos maiores de Brión reuniu unhas seiscentas persoas. A festa tivo lugar no pavillón municipal de Pedrouzos e a ela estaban invitados todos os maiores de 65 anos, que podían acudir con algún dos seus familiares.

Os participantes foron trasladados en autobús dende a parada escolar máis próxima ás súas casas e a iso do mediodía foron recibidos no pavillón por un grupo de gaitas. Á unha de tarde deu comezo a misa e ao concluír esta os devotos convertéronse en comensais grazas a un menú tradicional a base de empanada e polbo, convenientemente repartido polas grandes mesas instaladas en fileira no recinto deportivo.

O mago Teto amenizó a xornada con xogos de cartas e trucos e Solymar fixo o propio coa música.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion