versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Animan os brioneses a sumarse a algunha das 14 escolas deportivas e culturais

[07/09/2010]

Inclúen dende o judo ao fútbol, pasando por danza, pintura ou a patinaxe. O Concello de Brión acaba de abrir o prazo para anotarse ás actividades culturais e deportivas programadas para o curso 2010-2011. Durante todo o mes de setembro os veciños de Brión poderán inscribirse na casa da cultura. Son un total de catorce actividades, divididas en escolas deportivas municipais para nenos e nenas de 6 a 16 anos de idade, actividades para os máis pequenos e deporte para adultos.

As escolas deportivas ofertan, un ano máis, fútbol sala, fútbol 7, baloncesto, patinaxe, judo, tenis e ximnasia rítmica. A oferta complétase coa actividades dirixidas ao desenvolvemento psicomotriz para os pequenos entre tres e seis anos (predeporte) e ximnasia de mantemento, ioga, pilates e aeróbica para os adultos. Tamén haberá estudios musicais, danza, inglés, pintura e novas tecnoloxías. A matrícula para todas estas actividades ten un prezo de 40 euros, salvo deporte para adultos, que costa 80.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion