versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

As festas de Brión terán máis actos culturais grazas ao apoio da Xunta e a Deputación

[13/08/2010]

As festas de Santa Minia, a patroa de Brión, xa teñen o programa listo para os días 25, 26 e 27 de setembro. Entre as principais novidades, segundo os datos adiantados onte polo Concello, destaca o incremento das actividades e actuacións de tipo cultural grazas á implicación da Consellería de Cultura e a Deputación Provincial. Ambas as dúas administracións contribuirán ás festas financiando os grupos de música tradicional para actuar na carballeira de Santa Minia durante a tradicional romaxe.

As festas, que organiza o Concello, incluirán actividades como a queima da fachada da capela, lumes artificiais, unha romaxe e a habitual programación relixiosa.

Xosé Vizoso, ilustrador, cartelista e deseñador de cerámica, ademais de veciño de Brión, elaborou o cartel anunciador das festas, que arrancarán o 25 de setembro con orquestras e charangas. O domingo 26 haberá actividades para nenos e lumes de artificio. O programa do luns 27 combina a música e o ambiente de charangas con gaitas e pandeiretas.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion