versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Santa Minia recuperará a súa vertente máis artística

[13/07/2010]

A tradicional romaria de Santa Minia, que se celebra na capital de Brión entre o 25 e o 27 de setembro, incorporará este ano no seu cartel de actividades unha intensa programación cultural. Mediante este acordo, froito da colaboración alcanzada entre o Concello de Brión, a Consellería de Cultura e Turismo e a Deputación da Coruña, o Concello pretende reforzar a súa aposta pola romaxe, mantendo a súa compoñente relixiosa e lúdica, ao mesmo tempo que recupera e potencia o seu aspecto cultural.

Trátase dun novo programa que xurdiu a raíz da decisión do Concello de Brión de incorporar a Alberto Álvarez ao grupo de traballo que organiza as festas de Santa Minia. Isto supón que os interesados que se acheguen á romaxe gozarán de "espectáculos na rúa, monicreques, grupos de samba e actuacións de grupos de música tradicionais", segundo sinalou o técnico de cultura de Brión. Todo iso estará a cargo de grupos como Viravolta Títeres, Iabadabadú Festicultures ou Gostoso Pa.

Neste festexo a música seguirá tendo un papel primordial, xa que contará coas habituais orquestras e charangas, o programa das cales aínda non está pechado. Así mesmo, contará coas actuacións do grupo de samba Zum Bom, do grupo de gaitas de Catalmibre, da banda de gaitas de Robaleira e da agrupación folclórica Colexiata do Sar. Os mozos da escola de baile e pandeireta e a banda de música municipal encargaranse de poñer a nota local.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion