versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A romaria brionesa de Santa Minia terá este ano animación de rúa, monicreques e música folk

[13/07/2010]

A tradicional romaria de Santa Minia, que este ano se celebrará entre o 25 e o 27 de setembro, incorporará ao seu cartel de actividades unha intensa programación cultural froito da colaboración alcanzada entre o Concello, a Consellería de Cultura e a Deputación, o que suporá que «este ano en Santa Minia haberá espectáculos de rúa, monicreques, grupos de samba e actuacións de grupos de música tradicionais», segundo o técnico municipal de Cultura, Alberto Álvarez.

Este novo e renovado programa é froito da decisión municipal de incorporar a Alberto Álvarez ao grupo de traballo que organizaa as festas de Santa Minia e que, como todos os anos, contará con Hipólito Berdullas por o seu bo facer nas últimas edicións.

Así, os miles de romeiros que visitan cada ano Brión durante as festas de Santa Minia poderán gozar de espectáculos de rúa a cargo de grupos como Viravolta Títeres, Iabadabadú Festicultures e Gustoso Pa, entre outros.

Así mesmo, a música seguirá tendo un papel primordial nesta romaxe, pois ás habituais orquestras e charangas, o programa definitivo das cales aínda non está pechado, este ano hai que sumarlle tamén as actuacións do grupo de samba Zum Bom, dos grupos de gaitas Catalmibre e A Robaleira e da agrupación folclórica Colexiata de Sar, mentres que os mozos da escola de baile e pandeireta de Brión e a Banda de Música Municipal lle porán a nota local.

Con estas importantes novidades, Brión reforza a súa aposta pola romaria de Santa Minia, mantendo o seu compoñente relixioso e festivo ao tempo que recupera a vertente cultural. Na carballeira resoarán de novo os acordes de gaitas e pandeiretas que noutros tempos eran traídos polos propios veciños. Ademais, o cartel anunciador da romaxe deste ano está sendo xa elaborado polo coñecido ilustrador, cartelista e deseñador de cerámica Xosé Vizoso, quen é veciño do concello brionés.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion