versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A compañía Panamesiana recupera o teatro itinerante percorrendo Europa cunha caravana e moitos soños

[09/07/2010]

Unha nova compañía dramática galega, Panamesiana Teatro, verá a luz hoxe, ás 20 horas, na carballeira de Santa Minia, en Brión, coa pre-estrea de Oh, que bonito é Panamá! , unha peza de teatro familiar e de rúa baseada na obra do ilustrador e narrador alemán Janosch. A presentación ten lugar poucos días antes de que a compañía se bote á estrada para percorrer varias cidades de Alemaña e Austria. Unha xira que a levará, de mediados de xullo a primeiros de agosto, polo StraBenkünster Festival (en Münster, Alemania), Geinsenfeld e Röllbach (en Bavaria, Alemaña), o Feldkircher Gauklerfestival e o famoso Festival La Strada (en Feldkircher e Graz, Austria). A característica peculiar de Panamesiana, coa súa primeira montaxe, é que recupera o teatro itinerante, posto que o escenario de Oh, qué bonito é Panamá! é unha fermosa casiña-caravana coa que percorrerán todos eses países en xira, e a platea será un césped artificial sobre o que se asentará o público infantil.

A actriz Mónica García e o actor Tomás Lijó son dous dos tres protagonistas da peza escrita por Janosch, dando vida, respectivamente, ao tigre pequeno e ao oso pequeno que deciden emprender unha viaxe tras pescar unha misteriosa caixa con olor a plátano e a inscrición da palabra Panamá. A outra intérprete é a actriz alemá Petra Hofmann, quen, ademais de dirixir a obra, dá vida a seis dos seus personaxes. Precisamente, tanto a compañía como esta obra, explica Tomás Lijó, «xorden do contacto entre Mónica e Petra, quen levaba moito tempo traballando clown e teatro físico en Alemaña e polo mundo adiante». Hai catro anos as dúas actrices fixeron unha montaxe con ingredientes dunha obra de Janosch que foi o xerme do proxecto. «Decidimos producilo -comenta Tomás- e darlle unha vertente escénica anovadora para, dalgún xeito, recuperar o teatro itinerante. Xogar con isto e facer unha adaptación da obra para teatro de rúa era unha cousa que nos apetecía».

Coa súa primeira montaxe, Panamesiana, subliña o actor, «crea un espazo escénico que se instala na rúa como o imaxinario do palco andante. Montamos un teatro andante no que parte do escenario é a caravana, a casiña do oso que decide saír en busca dos soños». Por esta razón arredor da caravana hai unha serie de elementos escénicos que trazan un camiño. Aínda que a obra está dirixida a un público de entre 3 e 12 anos, Tomás Lijó cree que «vai divertir á xente adulta», polo que pode ser un espectáculo familiar.

Por outra banda, Oh, qué bonito é Panamá! intenta impulsar valores no público como «a reivindicación do espazo natural, de respecto á natureza e o entorno, da inocencia como unha maneira de encarar o mundo, a amizade, ...». O espectáculo, en realidade, é «unha proposta de traballo de clown ». «Ao final -recume Lijó- somos dous paiasos, un vestido de oso e outro de tigre».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion