versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O plan de transporte metropolitano atrasarase polo menos ata outubro

[08/07/2010]

A Xunta afirma que o único que falta é que o Concello de Santiago ratifique o proxecto. A Xunta relacionou directamente a entrada en funcionamento do novo plan de transporte metropolitano a que o Concello de Santiago aprobe o antes posible o convenio marco que xa ratificaron todos os demais municipios integrados no novo modelo: Ames, Brión, Boqueixón, Vedra, Val do Dubra, Teo, Oroso, Trazo, Touro e O Piñeiro.

Así o afirmou onte Miguel Rodríguez Bugarín, director xeral de Mobilidade antes da reunión celebrada na tarde de onte na Consellería de Medio Ambiente para analizar a posta en marcha deste plan.

Segundo Bugarín, dende a última reunión, celebrada a mediados de febreiro, a Xunta foi pechando asuntos pendentes como a implantación das tarxetas de transporte metropolitano, que funcionarán sen necesidade de contacto físico, e os acordos coas empresas do sector que deben aplicar tarifas únicas nas rutas sen custo engadido para os cambios de vehículo sempre e cando estes se realicen dentro da mesma zona.

Unha vez que Santiago aprobe o convenio para a instauración do transporte metropolitano, a Xunta estima que serán necesarios dous meses para que poida funcionar, xa que o documento necesita ser ratificado pola Administración autonómica e tamén aprobado polo consello de la Xunta.

O novo modelo implicará un cambio en todas as tarxetas o transporte, unha documentación que os usuarios recibirán por correo. Por este motivo descartouse tramitar a entrega durante o mes de agosto, polo que, como pronto, podería comezar en setembro, aínda que o prazo estimado para que Santiago teña as máquinas canceladoras, que debe comprar, é o do mes de outubro.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion