versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O estadio municipal de Brión será a sede de seis bisbarras para o campionato Galicia F7 Cup

[08/07/2010]

O estadio municipal de fútbol de Brión será a sede do campionato Galicia F7 Cup para os equipos das bisbarras de Santiago, Noia, Sar, Xallas, A Barcala e Barbanza. Así se anunciou onte en Brión durante a presentación deste campionato galego de fútbol afeccionado, que se disputará nas súas sedes de A Coruña, Brión, Narón e Vigo a partir de setembro.

A competición xogará de luns a venres, en horario de 20.30 horas, no estadio municipal brionés, onde os organizadores esperan congregar a un mínimo entre dez e doce equipos dun máximo de dezaoito xogadores cada un.

En Brión xogarán os equipos destas seis bisbarras distribuídos nun ou varios grupos, de acordo co número de participantes. O técnico municipal de Deportes Xosé Manuel Trigo destacou que «Brión ten unhas instalacións modernas e funcionais, e está moi ben situada a cinco minutos de Santiago».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion