versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión destina parte do segundo Plan E a reparar pistas deportivas e pide o apoio de Educación

[07/07/2010]

O Concello brionés tamén previu acometer melloras en varias instalacións deportivas durante os meses de verán, aínda que neste caso se trata de equipamentos vinculados ao colexio de infantil e primaria de Pedrouzos.

Os traballos comezaron onte e continuarán durante dous meses tras unha inversión de 45.000 euros procedentes do segundo Plan E. Os traballos deberán quedar listos antes de que comece o curso escolar. O rexedor brionés, Xosé Luís García, recordou onte que con esta obra, considerada de máxima prioridade, o Concello incidirá especialmente en emendar as carencias das bancadas da pista polideportiva e o recinto para o fútbol sala, xa que son as que están máis deterioradas.

Tendo en conta, engade García, «que ás obras que estamos a acometer non son traballos de simple conservación, e supoñen unha inversión importante», o Concello optou por solicitar apoio económico da Consellería de Educación para que asuma con fondos autonómicos os traballos de posta a punto da pista de baloncesto. E se a Xunta non financia a intervención, García confirmou que os traballos se levarán a cabo con cargo aos presupostos do próximo ano.

A solución técnica adoptada para o pavimento consiste na aplicación dunha capa de formigón pulido, un material de gran dureza, pero que resulta óptimo para a práctica do deporte.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion