versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A aula municipal de informática de Brión formou 85 alumnos durante o último curso

[04/07/2010]

A aula de informática de Brión formou durante os doce últimos meses a un total de 85 veciños do municipio a nivel de usuario e a un ritmo adaptado ás capacidades e ao tempo dispoñible polos alumnos, que tras meses de clases aprenderon a utilizar programas de tratamento de textos, deseño e fotografía, entre outros.

Coincidindo co peche da programación, o Concello organizou un acto formal de entrega de diplomas. A este encontro acudiu o rexedor local, Xosé Luís García, que animou a todos os alumnos a continuar formándose no campo das tecnoloxías da información e a comunicación porque, díxolles, «agora é un analfabeto se non sabes utilizar ou ordenador».

Tras meses de traballo e estudio, boa parte destes 85 alumnos teñen a posibilidade de conseguir unha acreditación oficial europea homologada. Iso si, para aprobar deben superar un exame moi completo. Son sete probas, pero a materia que deben coñecer coincide practicamente coa formación impartida nos cursos de informática da aula municipal de Brión, sita en Pedrouzos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion