versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión celebra esta tarde en Santa Minia a sexta edición do Festival de Bandas de Música

[05/07/2010]

Os amantes da música de bandas poderán gozar esta tarde a partir das 18 horas de tres concertos ao aire libre na carballeira de Santa Minia de Brión ofrecidos por bandas de música de distintos puntos de Galicia. Os concertos forman parte da que será sexta edición do Festival de Bandas de Música que organiza a asociación da agrupación musical brionesa, que conta co apoio do Concello e a Deputación.

O certame conta nesta ocasión coa presenza das agrupacións musicais de Padrón, Chantada e Brión. A entrada ao festival é gratuíta, pero o público que acuda á carballeira de Santa Minia poderá comprar un cedé con pezas musicais interpretadas pola banda local, que tamén venderá rifas para sortear un xamón e un lote de viños.

En caso de que o mal tempo impida a celebración do festival ao aire libre,los concertos trasladaranse ao pavillón polideportivo de Pedrouzos.

Á parte do festival de bandas, a carballeira de Santa Minia volverá converterse nun escenario musical o día 18 grazas ao Festival Internacional de Folclore de Brión, no que participarán, entre outros, grupos de Indonesia, Isla Martinica e Senegal.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion