versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O festival internacional de Brión contará con grupos folclóricos de Indonesia, Martinica e Senegal

[02/07/2010]

A carballeira de Santa Minia volverá converterse o día 18 nun crisol de culturas grazas ao festival internacional de folclore que se organiza no municipio de Brión.

Os grupos elixidos para esta convocatoria proceden de países tan distintos como Indonesia, Isla Martinica e Senegal. En canto á representación galega destaca a participación da Escola Municipal de Baile Galego e Pandeireta de Brión e un grupo de Narón.

Como representantes españois está confirmada a saída a escena dun grupo de danza de Albacete.

O Concello brionés confía en manter a afluencia de público de anos anteriores, un número difícil de bater xa que hai un ano se deron cita na carballeira de Santa Minia en torno a seiscentas persoas.

A previsión municipal é que o espectáculo do día 18 se prolongue durante dúas horas. A hora de inicio das actuacións está prevista para as nove e media da noite.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion