versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A veciñanza de Ons mantén a tradición das alfombras florais de Brión, únicas na bisbarra

[30/06/2010]

Os veciños da parroquia brionesa de Ons conservan o privilexio de ser os únicos da bisbarra compostelana en deseñar alfombras florais. A tradición establecía que unha das aldeas desta parroquia se encargase do deseño da alfombra, que sempre cobre o traxecto entre a igrexa e o cruceiro. Non obstante, os veciños de todas as parroquias decidiron adaptar este costume aos novos tempos e dende hai varios anos son habitantes de distintas parroquias os que se coordinan para que o día de San Pedro as flores invadan o ámbito do templo garantindo con iso o mantemento desta ancestral costume.

Os veciños de Ons necesitaron tres días de traballo e a complicidade do tempo, que este ano os obsequiou con días sen chuvias, o que fixo posible elaborar a alfombra sen ningún problema.

Tras o arduo traballo, os veciños acudiron a unha misa e posteriormente organizaron un ágape ao que acudiron numerosos veciños da parroquia.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion