versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Á Olimpíada de pintura dende Brión

[29/06/2010]

O grafitero Lucas Ricoy está seleccionado para participar nos xogos do ocio que se celebran en Murcia a próxima semana. Cando comezou a encher de grafiti as paredes, o último que esperaba era recibir unha medalla olímpica. Pero a vida dá moitas voltas e para o brionés Lucas Ricoy O*Shire a opción de participar nuns xogos presentouse agora coa cita que organiza Murcia para máis de mil novos amantes da cultura urbana. Tanto el, que traballa co pseudónimo de O*Shire, como os seus compañeiros, Alexis Parrada, O*Ras, de Pontevedra e o porriñés Paco Quintáns Etsueña foron seleccionados para representar a Galicia no apartado de pintura.

«Decatámonos por Internet cando saíu a convocatoria e decidimos enviar un bosquexo, grazas ao cal nos seleccionaron,», relata o mozo Quintas, un artista que colaborou coa maioría de proxectos grafiteros da bisbarra viguesa. A organización págalles a estanza, unha axuda para os gastos da pintura e parte da viaxe e a manutención, pero nos tempos que corren aínda hai que facer números para chegar ata alí. A recompensa non é pouca: un premio de mil euros se conseguen triunfar por enriba dos grafiteros do resto de España

O equipo chámase Hard Workers e plantáronse neste particular reto olímpico cun bosquexo no que aparecían os tres en realismo e varias pezas de letras con paisaxes galegas de fondo. Non é o seu primeiro incursión en conxunto. Teñen xa experiencia como o do camión do Mago Antón na súa pasada xira e outros encargos de murais e paredes variados. «Os presupostos varían segundo o deseño, o espazo no que se queira debuxar, as condiciones...», explica este artista do aerosol, que puxo o seu empeño ao servizo do popular Festival de Cans durante os concursos artísticos do certame de curtos en case todas as súas edicións. As datas da cita en Murcia están xa marcadas no seu calendario, os primeiros días de xullo o destino debería ser Lorca, para participar e gozar xunto aos outros mil participantes das doce probas dos Xogos. Street Dance, batalla de galos, circo, futbolín, karts, paintball, percusión, skate, videogames ou batallas de pinchadiscos son algunhas das categorías que se disputarán novos de 18 a 30 anos chegados de todos os cantos de España.

Máis galegos

«Esta é a primeira vez que nós participamos. Pero hai máis xente galega noutras categorías», recorda Paco Quintos en alusión aos grupos Faino ti e Setembro na batalla de bandas, Golden Knics, Nando, Sarria, Vigocity en futbolín, Inthecididos Squash en paintball e ISK en batalla de galos, o enfrontamento verbal a través da improvisación de dous raperos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion