versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión pide que se axeiten os accesos á autovía

[24/06/2010]

O Concello de Brión acaba de pedirlle expresamente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que faga os traballos de limpeza e mantemento das áreas dependentes deste organismo e que se sitúan nas inmediacións dos accesos á autovía.

Para o rexedor brionés, Xosé Luís García, estas zonas «son a principal porta de entrada en Brión e están situadas na zona que vertebra os dous núcleos máis poboados do municipio e daí a importancia de que estean decorosos».

Fontes municipais apuntan que a solución axeitada pasa por axardinar con vexetación arbustiva, logo de achega de terra vexetal, de dúas rotondas de incorporación e saída de autovía, así como das dúas pequenas illas na intersección coa AC-300 cara a Brión e Os Ánxeles, así como reutilizar o espazo existente entre as dúas rotondas.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion