versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Montes admite que pelou o Lupario con respecto e Brión pide máis rozas

[24/06/2010]

Recoñece o uso de maquinaria, pero tan só na faldra do castro // o rexedor critica o abandono de áreas na AG-56. A Dirección Xeral de Montes admitiu que foron os seus operarios os que pelaron a área de protección do Castro Lupario, pero sempre "co máximo respecto" e sen entrar dentro das murallas. O que non aclarou é se para a actuación solicitaron o correspondente permiso a Patrimonio, algo que investiga a Consellería de Cultura tras a denuncia da Fundación propatrimonio Rois.

Pola súa banda, o Concello de Brión aproveita para pedir que desbrocen as áreas verdes da autovía ou ben que llas/llelas cedan.

Desta forma, dende Montes recoñecían que se empregaron medios mecánicos, en concreto rozadoras, pero que a chegar á parte máis alta do outeiro luparia -xusto antes das murallas-, "empregáronse medios manuais".

Ademais, Medio Rural subliña que a limpeza foi "superficial" e que nunca se invadiu o propio recinto fortificado onde a lenda sitúa á Raíña Lupa. Pola súa banda, dende o Concello de Brión lamentaban as dificultades que tiveron para realizar os mesmos labores, véndose obrigado a solicitar autorización a Patrimonio e limitando a limpeza a medios manuais en toda a zona. No ámbito, non obstante, aínda son apreciables as marcas de rodas no perímetro castrexo e pedras movidas na faldra do outeiro.

Sen saír da limpeza de masas verdes, pero esta vez baixo competencia da Consellería de Medio Ambiente, o Concello de Brión solicita que se leven a cabo os traballos de limpeza e mantemento das áreas dependentes do citado organismo, nas inmediacións dos accesos á autovía AG-56.

Así, o alcalde brionés, Xosé Luís García, considera que estas zonas "son a principal porta de entrada a Brión e están situadas na zona que vertebra os dous núcleos máis poboados do termo municipal", polo que reclama que se cedan ao Concello se a Xunta de Galicia non as mantén.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion