versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Denuncian a salvaxe roza do Castro Lupario de Brión

[23/06/2010]

A Fundación propatrimonio puxo os feitos en coñecemento da Benemérita e Cultura // o alcalde subliña que ninguén os informou. A Fundación propatrimonio Rois acaba de poñer en coñecemento da Garda Civil e Patrimonio a salvaxe roza que deixou nos ósos a área de protección do, quizais, castro máis coñecido de Galicia: o Lupario. Así anunciábano dende a xerencia da entidade, que non daba crédito aos centos de metros cadrados de maleza que voaron (sen que case ninguén se decatase) ata alcanzar a muralla do vello poboado Jacobeo.

Dende o Concello de Brión, pola súa banda, tampouco saían dos seus asombro, máxime cando o alcalde Xosé Luis García recoñecía que "é unha situación que non ten explicación ningunha, pois cando nós quixemos facer unha limpeza na zona hai uns anos tivemos que pedir todo tipo de autorizacións a Patrimonio e mesmo houbo que facer ás obras a man, porque non nos permitiron meter ningún tipo de maquinaria". As marcas de rodas, máis a amplitude da actuación, levan a sospeitar que na zona actuou algo máis que uns operarios, xa que, como considera García, "parece evidente que nesta ocasión si que meteron maquinaria, pero nós, como Concello, non tivemos coñecemento ningún de que a ía facer esta obra".

Na Fundación propatrimonio, de igual forma, sospeitan que se trata dun devasas -en realidade, conflúen varios nun de grandes dimensións que sobe ata a mesma coroa do castro-, a autorización da cal intentou confirmar este diario onte pola tarde con Medio Rural, pero sen éxito.

Os expertos recordan non só a importancia do castro a nivel histórico e como pedra de apoio do fenómeno xubilar, senón tamén a declaración como Ben de Interese Cultural, que se estaba a tramitar xunto a outras 19 citanias con soleira. O ámbito está situado entre Rois, Padrón, Teo e, sobre todo, Brión, onde se alza o castro onde puido reinar a mítica Raíña Lupa e por onde pasaron os discípulos do Apóstolo Santiago.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion