versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os nenos da gardería infantil de Brión festexan o fin de curso con teatro e un conto para o verán

[19/06/2010]

Os nenos da gardería municipal de Brión celebraron onte o seu festival de fin de curso coa representación da obra O gato lambón por parte dos pequenos de máis de dous anos, unha representación á que asistiron máis de medio centenar de pais e nais, así como o propio alcalde brionés, Xosé Luís García, e a concelleira de Cultura, Patricia Vázquez.

Durante media hora os pequenos representaron o conto, uns nenos que ían disfrazados de acordo co seu personaxe e con traxes feitos na propia gardaría de vellos, curas, paxaros, burros ou froitas, todo iso baixo a guía das súas mestras.

O alcalde obsequiou a todos os nenos con lapis de cores, regalo ao que os nenos corresponderon cun portavelas realizado con cartóns reciclados. Os mestres da gardaría entregaron tamén ás familias un conto de obsequio para que o lean aos seus pequenos durante o verán, así como unha figura do gato «lambón» do conto que representaran.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion