versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ferido leve un veciño de Brión ao arder a cociña da súa casa

[16/06/2010]

O incendio produciuse arredor das 9.30 e foi controlado polo Grumir. Un home de mediana idade sufriu queimaduras leves nunha perna, que non requiriron ingreso hospitalario, como consecuencia do incendio que se produciu na súa casa da aldea de Quintáns, no municipio de Brión. No momento do incendio, na casa había outra persoa, familiar do ferido, que non sufriu danos pero que foi evacuada polos membros do Grumir, mentres se controlaba o lume e se ventilaba a vivenda.

Segundo informou o alcalde, Xosé Luis García, o lume produciuse despois de que un dos residentes usase gasolina para acender a cociña da casa familiar. Ao parecer, non conseguían acender o lume na cociña e optaron por utilizar o acelerante para apurar o lume, pero finalmente escapoulles e non puideron controlalo. García indicou que as lapas foron controladas rapidamente e, de feito, a cociña pode seguir utilizándose. O principal problema foi a grande cantidade de fume, que se concentrou en varias estanzas da vivenda e que obrigou a desaloxala para evitar intoxicacións.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion