versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Portomouro adxudicouse o V Torneo de fútbol 7 de Ons

[15/06/2010]

Impúxose na grande final ao Mayakos por un axustado 2-1. O terceiro posto foi para o Pedra do Moucho que gañou ao Milla Sport. a quinta edición do Torneo de fútbol 7 de Ons, que organiza a Asociación cultural e deportiva Pedra do Moucho coa colaboración do Concello de Brión, pasou xa a mellor vida. Tras unha intensa fin de semana deportiva, o Portomouro acabou proclamándose campión tras dobregar na gran final ao Mayakos por un axustado 2-1. O equipo campión embolsouse, ademais do trofeo correspondente, 1.000 euros, mentres que o subcampión, tamén con trofeo levou 500 euros de premio.

Participaron un total de dezaseis equipos polo que a competición, disputada o pasado sábado e o domingo, se iniciaba en oitavos de final. Estes foron os resultados: Pizzaría Tívoli-Santa Sabiña, 0-0 (por penaltis Pizerría Tívoli); Albanelaría Esteban Blanco-Café Bar Nemenzo, 1-2; Pinturas Villar Ferreiro-Mayakos, 1-3; Btv Team-Portomouro, 0-3; Milla Sport-Luaña, 1-1 (por penaltis Milla Sport); Pedra do Moucho-Cervería A Esmorga, 3-0; Ramons Duende-Galaicos, 1-1 por penaltis Galaicos); Xuventude de Anxeriz-Norfinance, 1-1 (por penaltis clasificouse para cuartos o Norfinance ).

Cuartos de final: Pizerría Tívoli-Mayakos, 1-1 (por penaltis Mayakos); Café Bar Nemenzo-Portomouro, 0-0 (por penaltis Portomouro); Milla Sport-Galaicos, 2-1; Pedra do Moucho-Norfinance, 0-0 (por penaltis clasificouse o Pedra do Moucho).

Nas semifinais: Mayakos-Milla Sport, 0-0 (por penaltis Mayakos finalista); Portomouro-Pedra do Moucho, 1-0.

Polo terceiro e cuarto posto, o Pedra do Moucho gañoulle a partida ao Milla Sport por 2-1.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion