versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión levanta un grande parque apto para todos os públicos

[15/06/2010]

Terá zona para peques, aparatos de ximnasia para maiores e pista de 'skate'. Costa 100.032 euros e rematarase este verán. O Concello de Brión ten previsto dotar á zona de Lamiño cunha grande área de ocio, nunha parcela de 1.500 metros cadrados situada ao lado do novo campo de fútbol municipal. E para sufragar as devanditas obras, o Concello brionés acaba de conseguir unha subvención de 100.032 euros da Deputación.

O alcalde de Brión, Xosé Luis García, explica que este gran parque "estará estruturado en tres áreas: un parque infantil para os máis pequenos, unha zona para vos nos vos maiores con aparellos para facer ximnasia e unha terceira área para a mocidade, onde instalaremos unha pista de skate". A actuación ten un prazo de execución de dous meses e o alcalde espera que poidan comezar en breve, xa que o Concello xa está a avanzar nos trámites administrativos que son precisos para tal fin.

O novo parque contará cunha serie de sendeiros de grava, que comunicarán as distintas áreas, e que sairán das catro entradas das que disporá, e que precisamente coinciden cos pasos de peóns xa sinalizados na zona.

O parque infantil estará situado ao lado da entrada principal do parque e disporá de bambáns, balancíns, muelle e unha grande torre de xogos. No medio da instalación, o Concello de Brión vai colocar un circuíto biosaudable dirixido aos maiores do municipio. "Trátase dunha serie de aparellos para que vos nos vos maiores poidan exercitar ás súas extremidades mentras gozan ao aire libre", explica Xosé Luís García.

Terceira zona

Finalmente, o parque complétase cunha zona reservada para a xuventude de Brión, que incluirá unha pista de skate e unha serie de ramplas para practicar a patinaxe, tanto sobre patíns coma sobre monopatíns. A zona será repoboada con especies frondosas e respectaranse as árbores xa existentes, "de xeito que os veciños poidan dispoñer tamén de zonas de sombra neste parque", apunta o alcalde brionés. Así mesmo, conservarase e acondicionarase tamén o pequeno humedal existente na parte baixa da parcela (que será a máis próxima á autovía cara a Noia).
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion