versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os alcaldes de Terras apostan pola coordinación fronte á fusión municipal

[15/06/2010]

Os rexedores de Teo, Brión, Frades e Ordes participaron no debate do Grupo Correo Galego con Luis Pousa. Urxiron o refinanciamento local e a delimitación das competencias locais para superar a anorexia económica. Unha fusión á grega deixaría só 57 concellos en Galicia. A anorexia das arcas municipais deixa nos últimos días titulares como o citado nos diarios do país. E nas casas do concello galegas, o receo ante un recorte administrativo que puidese facer realidade unha posibilidade que a día de hoxe se formula só en condicional. A pregunta está na rúa e nos despachos da administración local: ¿é sostible o actual mapa municipal de Galicia?; ¿está na fusión de concellos a solución final? Para debater ao respecto con quen mellor coñecen o día a día nun concello o Grupo Correo Galego reuniu no Hostal dous Reis Católicos a unha representación polifónica do municipalismo no ámbito da capital galega. Os alcaldes de Teo, Martiño Noriega; Brión, Xosé Luis García; Ordes, Manuel Regos; e Frades, Miguel Prado, puxeron sobre a mesa as claves que xeraron a actual crise do municipalismo e a súa visión sobre o horizonte ao que se debe mirar. Todo iso baixo a batuta do moderador Luis Pousa, subdirector de El Correo Gallego, e coa presenza invitada do seu homólogo Xoán Salgado, director, ademais, de TERRAS DE SANTIAGO.

Para iniciar o debate, Pousa entrou directo ao gran: "¿ sobran concellos "? ". Sen mostrar ánimo de aferrarse ao cargo, os catro rexedores coincidiron con matices en defender a autonomía de cada municipio. "Este non é o momento de iniciar un debate respecto á eliminación de concellos", explicou Prado, argumentando que "temos xa unhas infraestruturas creadas, unha rede de estradas, dotación de auga e luz... e unha prestación de servizos" que o cidadán percibe obriga da administración que lle é máis próxima". Non obstante, a dúbida está fundamentada. Para Xosé Luis García esta claro que "o actual sistema non é viable como vén a demostrar esta crise. E non éo porque os concellos habemos ida adquirindo unha serie de competencias, e o seu correspondente gasto, que agora non podemos afrontar. Non obstante tampouco podemos dicirlle a un veciño que a estrada que ten diante ou a escola infantil non son cousa do Concello. Hai, entón, que modificar o sistema de competencias e recorrer a sistemas de fusión como a colaboración entre áreas metropolitanas ou mancomunidades". Na mesma liña, Regos destacou que "individualmente non podemos dar servizos, o que temos é que unificalos, sobre todo os concellos máis pequenos".

Martiño Noriega veu a resumir o espírito dos catro rexedores ao sentenciar que "non sobran concellos, falta diñeiro ou delimitar competencias. Actualmente existe unha asimetría tremenda entre os ingresos municipais e a prestación de servizos. E a solución pasa antes de nada polo refinanciamento municipal. Se somos os que damos a cara ante a cidadanía debemos redefinir que diñeiro nos corresponde para prestar servizos que se demandarían igual cun reagrupamento de concellos".

Neste sentido, Salgado indagou na orixe desta asimetría atopándoo en que "a transición, que noutros ámbitos foi correcta, non se fixo no ámbito local. Deberiamos primeiro falar da transferencia de competencias e diñeiro e despois do posible reagrupamento".

O gasto social, definido dende o estado

Falta de planificación económica

Ao respecto do desequilibrio entre ingresos e obrigas prestacionales, Pousa quixo internarse na manida reivindicación da redefinición competencial dos concellos. Recordou que as administracións locais son as que están a executar programas sociais propostos inicialmente por administracións superiores, pero que é o Concello o que ten que encargarse de executalos. Exemplo diso é Xantar na casa. "¿ A fixación de competencias implicaría reclamar para si estas ou desvincularse do seu desenvolvemento?", requiriu. Neste punto os alcaldes distanciáronse de localismos, obviando reclamar este tipo de competencias, e centraron o seu discurso en criticar o caos no financiamento destes programas. "O triste é que o diñeiro do gasto social vén do Estado e ten que pasar aínda o filtro da Xunta e non existe unha previsión con antelación da repartición de fondos. Non podemos elaborar en outubro un presuposto para o ano seguinte se non sabemos o diñeiro co que imos contar", lamentou o alcalde de Brión. Noriega sumouse á protesta e reclamou "que se establezan ratios e criterios obxectivos para poder facer unha planificación das subvencións".
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion