versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión terá unha área recreativa con parque infantil, un circuíto saudable e zonas de xogos

[08/06/2010]

O recinto ocupa unha parcela de 1.500 metros cadrados xunto ao campo de fútbol. O municipio de Brión disporá dun grande área recreativa no lugar de Lamiño, xunto ao campo de fútbol municipal, preto de Pedrouzos e dos principais centros educativos brioneses. Este proxecto será realidade grazas aos fondos da Deputación Provincial de A Coruña, que achega máis de cen mil euros.

O parque ocupará unha superficie de 1.500 metros cadrados, un terreo no que terán cabida un parque infantil con xogos, unha zona especialmente deseñada para as persoas maiores con lugares de descanso e un circuíto saudable con aparatos de ximnasia, e un espazo pensado para os mozos e no que o seu principal atractivo será unha pista de skate.

Ademais desta pista, os adolescentes terán á súa disposición un circuíto de ramplas para patinar.

As obras verán pronto a luz xa que teñen un prazo de execución de dous meses. En calquera caso, o rexedor local, Xosé Luís García, confirmou que o proxecto debe superar distintos trámites administrativos para que as máquinas comecen a traballar, aínda que espera que sexa o antes posible.

O parque infantil estará situado na entrada principal do recinto con xoguetes adaptados para as idades dos seus pequenos usuarios.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion