versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Obras para unha piscina que Brión quere rematar este ano

[01/06/2010]

Custará 1,1 millóns, e será a primeira para unha entidade local de menos de 10.000 veciños. Sitúase baixo Pedrouzos, en Lamiño. A piscina cuberta climatizada municipal de Brión estará rematada este ano. Esta é a previsión do Concello, tras dar inicio a pasada semana as obras por importe de 1.126.000 euros que acomete a UTE Manuel Rodríguez Lema e Fergo Galicia SA na parcela de 5.490 m2 no lugar de Lamiño (Pedrouzos-Brión), onde se abrirán a instalacións.

O alcalde de Brión, Xosé Luis García, mostrouse moi satisfeito polo inicio dos traballos, e afirma que será o primeiro municipio coruñés de menos de 10.000 habitantes cunha instalación así. A instalación deportiva constará dun edificio de planta baixa e soto, situado xusto ao lado do polideportivo municipal e do CEIP de Pedrouzos, e moi preto da entrada da autovía Santiago-Brión. Ocupará unha superficie de 2.353 metros cadrados, sobre unha parcela de 5.490 m2 que xa dispón de todos os servizos urbanísticos necesarios.

No edificio incluirase unha piscina climatizada de 577 m2, dúas saunas, un ximnasio de 141 m2 de superficie, vestiarios para homes e mulleres e outras dependencias comúns (dous almacéns, zona de recepción, aseos, área para o socorrista e locais na planta soto para a situación de todos os sistemas para o funcionamento da instalación (como a zona de depuración da piscina, cuartos de electricidade e fontanaría, etc).

Estas obras foron adxudicadas o pasado mes de marzo polo pleno municipal á UTE.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion