versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Once concellos da bisbarra veranse beneficiados en xuño do novo modelo de transporte

[27/05/2010]

Ademais do proxecto do metro lixeiro para a bisbarra compostelana, a Xunta ten previsto instaurar o próximo mes de xuño o novo modelo de transporte metropolitano por estrada. O sistema actual dá servizo aos municipios de Ames, Boqueixón, Brión, Teo, Santiago, Vedra, Val do Dubra e Oroso, pero o que está por vir ampliarase os municipios de O Piñeiro, Trazo e Touro, ambos os dous limítrofes co municipio compostelano.

O novo modelo pode entenderse como un ensaio do que sería a futura rede de transportes da área metropolitana, xa que as liñas de autobuses funcionarán por zonas, con posibilidades de cambio de liña sen custo engadido se o cambio se realiza dentro dunhas áreas xa delimitadas.

Rural

O plan tamén abre a posibilidade de incluír liñas propias dos concellos polas áreas máis rurais e con destino en zonas urbanas conectadas directamente coas liñas que chegan a Santiago.

Os concellos xa aceptaron o modelo de convenio, polo que o único que falta para que pase do papel á realidade é que o corrobore a Dirección Xeral de Urbanismo.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion