versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os maiores de Brión poderán viaxar á Semana Verde e ao santuario de Santa Lucía

[26/05/2010]

Os maiores do municipio de Brión poderán participar en senllas excursións organizadas polo Concello á Semana Verde de Silleda e ao santuario de Santa Lucía, na localidade lusa de Viana do Castelo.

O primeiro destas viaxes está planificado para o 20 de xuño, mentres que o traslado a Portugal está previsto para a xornada do 12 do próximo mes.

Poderán participar en ambas as dúas excursións os veciños e veciñas do municipio maiores de 60 anos ou pensionistas con polo menos 55 anos de idade, aínda que sempre poderán acudir acompañados dos seus cónxuxes sen que neste caso importe a súa idade.

As dúas excursións son gratuítas e as persoas interesadas en participar unicamente teñen que apuntarse antes do 9 de xuño.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Erros na noticia
Brion 26/05/2010

Esta noticia recollida do xornal La Voz de Galcia conten unha serie de erros, co fin de esclarecelos e de non levar aos veciños a enganos indicamos os datos das viaxes a continuación: VISITA A SEMANA VERDE DE SILLEDA: Día 12 de Xuño de 2010, viaxe gratuita. Anotarse antes do 9 de Xuño no teléfono do Concello 981 88 70 06. VIAXE DOS MAIORES A SANTA LUZIA - PORTUAL: Día 20 de Xuño de 2010, prezo 20 €. Anotarse antes do 14 de Xuño no teléfono do Concello 981 88 70 06. Dende o Concello de Brión pedimos as oportunas desculpas que lles puidera causar estes "erros" na devandita noticia.


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion