versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O corredor ata Martelo, este verán

[25/05/2010]

Os rexedores de Brión, Rois, Noia e Lousame foron convocados para revisar o primeiro tramo, case asfaltado. No primeiro trimestre de 2011 a vía enlazará coa costa e empezarán os traballos para o seu desdobramento. O corredor que une as localidades coruñesas de Brión e Noia entrará en servizo en marzo de 2011, e o primeiro tramo desta infraestrutura (que une Brión e Martelo) estará listo este verán. Desta forma, Infraestruturas sae ao paso do anuncio inicial -que atribúen a "un erro"- de que o trazado estaría operativo ata a costa en setembro ou antes.

A Xunta confirmou as datas de posta en servizo deste corredor despois dunha visita realizada polo conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e alcaldes de Lousame, Brión, Rois e Noia á zona as obras do primeiro tramo do corredor.

De igual forma, anunciaba que, cando se remate o corredor en Ponte Nafonso (ámbito de Ceilán), arrancará o desdobramento en autovía desta estrada de alta capacidade. De igual forma, este mesma verán arrancarán as obras da Alternativa 2 para a construción da variante de Noia, anulada pola anterior Xunta, e que se traducirá nun viaduto entre A Braquiña e Testal. "En 2011 poderemos circular de forma axeitada e con seguridade entre Noia e Santiago", indicaba Hernández.

Datos técnicos

Boa parte dos primeiros nove quilómetros está pavimentada

En total, o corredor Brión-Noia terá unha lonxitude total de 18,2 quilómetros, dos 9,3 pertencen ao tramo Brión -Martelo -a maioría do traxecto xa asfaltado- e 8,9 ao tramo Martelo-Noia, que dará continuidade á autovía AG-56 de Santiago a Brión e discorrerá en paralelo á estrada autonómica AC-543.

Así mesmo, establécense tres viadutos en Sampaio, Pasares e Naveira, así como 11 pasos superiores e 5 inferiores no tramo Brión-Martelo, mentres que no tramo Martelo-Noia se instalarán 6 a cada altura. Esta vía tamén requirirá construír máis de dez quilómetros de camiños de servizo e proceder á revexetación de case 900.000 metros cadrados. As infraestruturas "complementarias" achegarán ao corredor unha "importante" permeabilidade territorial, "impedindo" que o vial de alta capacidade se converta "nunha barreira" para as conexións internas dos municipios.

Esta vía, segundo a Consellería de Infraestruturas, tamén requirirá construír máis de dez quilómetros de camiños de servizo e proceder á revexetación de case 900.000 metros cadrados.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion