versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ames, Teo e Brión urxen reactivar unha mancomunidade sen contido

[25/05/2010]

A única actuación do ente supramunicipal ata o momento é unha viaxe anual dos munícipes a Arxentina // A USC deseñará un plan estratéxico. "Non se trata de buscar culpables, pero o certo é que a mancomunidade de Santiago está paralizada e hai que poñela a funcionar". Con obrigada prudencia entre colegas munícipes os alcaldes de Ames, Teo e Brión coinciden no seu diagnóstico acerca do crítico estado de saúde do ente supramunicipal, que aglutina a Santiago, Ames Teo, Brión, Boqueixón, Vedra e Val do Dubra, e sobre o futuro da cal existe un debate aberto dende hai máis dun ano.

Nesta autocrítica son os tres concellos citados os que veñen levando a voz cantante en favor dunha reactivación urxente e imprescindible para rematar co inmobilismo dunha entidade a única actuación da cal ata o momento é a organización de polo menos unha viaxe ao ano a Arxentina, co pretexto de visitar alí ao colectivo galego emigrado. Viaxe na que, na última lexislatura, Ames e Teo non participaron nunca e Brión só nunha ocasión, pero non con financiamento da mancomunidade.

Iso si, polo menos a agrupación non salgue cara para as arcas municipais. A mancomunidade conta cun presuposto anual duns 60.000 euros e pecha exercicio con superávit.

Ante este desalentador panorama a pregunta é clara: ¿ten sentido manter a institución comarcal? E a resposta unánime entre os seus compoñentes máis activos: "Se se dota de contido, si".

Por este motivo encargábase recentemente á Universidade de Santiago e en concreto ao departamento do catedrático Luis Caramés, a elaboración dun plan estratéxico de funcionamento, que coordine os servizos que debe ofrecer o ente aos veciños dos seus 7 concellos adheridos. O obxectivo é que este documento estea rematado nun prazo dun ano. Deste modo desbloquearanse ademais outros plans, como o de Ames, que foi paralizado á espera dun mancomunado que defina, ademais, en qué área debe especializarse cada un dos seus integrantes.

Unha vez definido o obxectivo, ¿que medios son necesarios para reactivar a mancomunidade? Neste sentido os alcaldes apuntan cara á dotación de persoal, "chegaría cunha ou dúas persoas", con responsabilidades executivas e dedicadas en exclusiva á mancomunidade, dado que os munícipes, polas súas obrigas nos respectivos concellos, acaban por relegar o cumprimento de acordos colectivos, en favor das súas urxencias locais.

Sobre estas premisas, ¿cales son os obxectivos que os alcaldes proxectan para a mancomunidade? Claramente oriéntanse cara á coordinación de servizos. En concreto priorizar o transporte público e a recollida de lixos, pero tamén a busca conxunta de fondos europeos, a harmonización fiscal e as recomendacións de plans urbanísticos. Fins dos que a día de hoxe nada sabe a mancomunidade estéril.

Compostela

No extremo máis optimista sitúase o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, que considera que a mancomunidade si tivo sentido ata agora e mesmo considera que foi "moi positiva" na posta en común dalgúns plans como o de transporte ou na coordinación do servizo de augas, que a diferencia do de lixos, si se comparte nalgúns casos. Bugallo recoñece non obstante que pode ir a máis "e irá a máis. Será o que os concellos queiramos que sexa". O principal problema atópao o rexedor compostelano en que se trata de concellos moi diferentes entre si.

2.000

Euros é a cota que cada Concello ten asignada para viaxes da mancomunidade de Santiago a Sudamérica para visitar o colectivo emigrante.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion