versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Un centenar de persoas camiñan ata Santiago para pedir que a ruta de Noia sexa jacobea persoas

[23/05/2010]

Máis de cen persoas participaron na camiñada convocada en Noia para reclamar o recoñecemento da ruta con Santiago, que discorre por Ames e Brión, como tramo jacobeo.

A marcha arrancou sobre as once da noite e ás oito da mañá de onte xa chegaran. Durante o percorrido, duns 35 quilómetros, fóronse incorporando máis camiñantes como mostra de apoio a esta reivindicación, denominado Portus Apostoli, que nace co afán de que Noia sexa recoñecida como o porto de Compostela, porque dende a súa costa chegaron numerosos peregrinos para dirixirse á praza do Obradoiro, o mesmo punto de destino dunha mobilización que contou co apoio expreso do Concello brionés.

Tras o éxito da actividade, os convocantes non descartan organizar unha segunda en autobús para conseguir unha presenza masiva que poña de manifesto o interese de Noia por formar parte das rutas de peregrinación a Compostela. Para que non quedase ningunha dúbida dos motivos da súa camiñada, o grupo vestiuse cunhas camisetas ilustrativas.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion