versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Romeros reivindican a Noia como porto de Compostela

[23/05/2010]

Unhas 120 persoas, entre elas o alcalde, camiñaron toda a noite ata Santiago para visitar a capela de Santa Rita. Noia. Ao redor de 120 persoas puxeron na mañá de onte punto final a unha singular peregrinación que se iniciou o venres pola noite en Noia e finalizou na igrexa compostelana de Santo Agustín que acoge la capilla de santa Rita Agustín, que acolle a capela de Santa Rita.

A camiñada, organizada polas tres patronais da localidade (asociación de empresarios, Noia Histórica e Punto Comercial San Lázaro), en colaboración co Concello, tiña como obxectivo xuntar a tradición desta marcha nocturna, que se veñen facendo todos os anos por estas datas, e a reivindicación do protagonismo noiés como porto xacobeo.

Os 120 peregrinos, entre os que se atopaban o alcalde, Rafael García Guerrero; a concelleira de Participación Cidadá, Rosana Mariño González; o presidente dos empresarios, José Pérez Martínez, e o directivo de Noia Histórica, Anxo Núñez, aproveitaron a ocasión para asistir á celebración dunha misa en honra a Santa Rita. Tras o acto, emprenderon o regreso á vila de Noia en dous autobuses.

Unha ducia de voluntarios de Protección Civil e Cruz Vermella prestaron asistencia aos participantes durante a súa camiñada. Segundo sinalou Pérez, só unha persoa abandonou por problemas físicos e varias ducias recibiron asistencia sanitaria por abrasións e ampolas nos pés.

Pola súa banda, o Concello de Brión apoia a iniciativa e indica á Xunta "a posible presenza duns restos arqueolóxicos en Paradela, cuxo nome indica lugar de descanso (Paradiña).
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion