versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Aposta multiartística coa XX Festa do Libro de Brión

[18/05/2010]

O Concello de Brión acaba de poñer en marcha a sua XX Feira do Libro, que inclúe nove actividades culturais ata fin de mes. O centro social polivalente será o principal punto de encontro.

A primeira actuación será hoxe, día 18 a mediodía. A compañía A Loco-motora ofrece a súa obra O tenderete dá cachifallada. O 19 á mesma hora chega Valentino Rufini e Akil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can), de Talia Teatro. Para o xoves, de novo a mediodía, espectáculo de maxia titulado Palabras máxicas, con Chystyan Magic. O 24 de maio ás 12.00 horas Aturuxo de Melpuxe escenifica Ás tres mosqueteiras na procura de Dartañán".O martes 25, ás 11.40 horas, contacontos Bicoca de boca en boca ou conto que non falten a cargo de Celso F. Sanmartín.

O mércores 26 ás 11.40 horas, teatro recitado sobre Uxio Novoneyra a cargo de Pifano Teatro. O día 27 a mediodía Trinke-Trinke representará Unha de ratas na biblioteca. A programación da XX Feira do Libro de Brión, en colaboración cos centros educativos locais, pecharase o luns 31, 10.30 horas, coa contacontos Charo Pitaque achegará aos peques aos contos con Fábulas no berce.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion