versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión recibe o recoñecemento para impartir certificados europeos de informática

[07/05/2010]

O Concello de Brión presentou esta semana un importante complemento para as súas actividades formativas en novas tecnoloxías da información, dirixido principalmente a mellorar na medida do posible o currículo do seu alumnado e axudalo, en consecuencia, no mercado laboral. Máis polo miúdo, a medida consiste en achegar Acreditacións Europeas de Manexo do Ordenador, un certificado oficial da Fundación ECDL (European Computer Driving Licence) que ten un recoñecemento a nivel internacional. O Concello de Brión, que segundo apuntan fontes do mesmo sería o primeiro da nosa xeografía que acada o devandito privilexio, salientou moi positivamente o potencial dos recoñecementos que achega o ECDL, documentos que certifican que a alumna ou alumno posúe un coñecemento básico e completo en informática a nivel de usuario e que supoñen unha garantía para as empresas e as administracións que dan emprego a estas persoas.

Segundo informa o Concello, o coordinador dos cursos sobre estas materias que se organizan en Brión, Antonio Casal, será o docente encargado destas certificacións, sendo o técnico municipal de novas tecnoloxías, Julio Mallo Nieto, a persoa que leve a cabo as avaliacións. Grazas ao seu traballo (esta mesma semana superaron as probas pertinentes para que o Concello se converta en centro homologado e autorizado ECDL) e o do seu equipo, Brión converteríase no primeiro concello galego e no cuarto centro (logo PC Carrier, Sabira e FEMXA) que está en disposición de entregar estes avais.

Segundo contan dende o equipo de goberno do termo municipal coruñés, a acreditación ECDL acadará unha perfecta sintonía cos cursos de Informática de Usuario que organiza o Concello, coincidindo os setes módulos do exame coa estrutura das devanditas actividades formativas. Así o explica Julio Mallo: “O alumno ten media hora para examinarse de cada módulo e ten que aprobar un 75% das preguntas. Cando aproban catro módulos reciben un primeiro diploma acreditativo e cando superan os sete reciben a acreditación ECDL”. As probas exames levaranse a cabo de xeito presencial no centro de telecomunicacións de Brión, onde o alumno terá que responder a 36 preguntas tipo test en media hora. Arestora, máis de 20.000 persoas contan con este recoñecemento en España.
 



Enlace a Código Cero

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion