versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión activa tres aulas de motivación e reforzo que benefician a 21 alumnos do municipio

[28/04/2010]

O Concello de Brión acaba de poñer en marcha tres aulas de acompañamento e reforzo nas que participan agora mesmo 21 alumnos do municipio con idades comprendidas entre os nove e os quince anos. Esta actividade desenvólvese en horario extraescolar no colexio de Pedrouzos -no caso dos alumnos de nove a doce anos- e no centro social polivalente para os de trece a quince anos.

Coa posta en marcha deste programa, o Concello brionés busca facilitar aos alumnos os instrumentos válidos para enfrontarse, e mesmo superar, problemas cotiáns da vida diaria, como a baixa motivación de cara aos estudios, problemas de autoestima ou de relacións familiares e outros que, de persistir, poderían desembocar en casos de fracaso escolar.

O obxectivo destas aulas de acompañamento non é unicamente axudar a que os alumnos consigan avanzar nos seus estudios, senón fundamentalmente que sexan hábiles para mellorar a súa capacidade de comunicación cos demais, de organización e autocontrol, así como tamén de adestrar, motivar e orientar para enfrontarse aos desafíos que se atopen na súa vida diaria.

Segundo explica Sandra Martínez, encargada de xestionar estas aulas, «traballamos cos rapaces dun xeito dinámico e participativo, dialogando con eles para que se decaten dá súa situación persoal e saquen rendemento desta actividade».

Esta educadora explica que «eles en principio só vén un resultado obxectivo: os suspensos, pero non sempre perciben que hai moitos factores que inflúen nesa situación». De feito, nas aulas axúdase tamén aos alumnos a que sexan conscientes do problema e reciben o apoio preciso para poder superalo.

Neste programa, organizado polo Concello de Brión en colaboración coa Xunta de Galicia, traballan de xeito coordinado as monitoras que dirixen as aulas de acompañamento -pertencentes á empresa Coesco-, a técnica municipal de intervención familiar, así como dous responsables dos centros escolares de Brión e, máis en concreto, do colexio de Pedrouzos e o instituto. As sesións destas aulas impartiranse ata o próximo mes de xuño, en que remata o calendario escolar.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion