versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Empuxón nos estudios e relacións sociais con talleres para 21 brioneses

[28/04/2010]

O programa implica a docentes, técnicos de Acompañamento e Intervención Familiar. Os mozos de Brión teñen xa o empuxón que lles faltaba para avanzar tanto nos seus estudios coma nas súas relacións sociais. Así, o Concello acaba de poñer en marcha tres aulas de acompañamento e reforzo nas que participan 21 rapaces de entre 9 e 15 anos. A actividade ten como sede o colexio de Pedrouzos, para os máis peques) e o centro social para os de 13, 14 e 15 anos.

A intención do Concello, segundo apunta a técnico Sandra Martínez, "e facilitarlle os rapaces instrumentos válidos para enfrontarse, e mesmo superar, problemas cotiás dá vida diaria: baixa motivación de cara aos estudos, problemiñas de autoestima, relacións familiares? Unha dinámica que podería traducirse en fracaso escolar en moitos casos".

A súa forma de traballar baséase no "diálogo", e tamén incide na capacidade de comunicación. Este programa pon en marcha en colaboración coa Xunta, e implica as monitoras que dirixen as citadas aulas, a técnico local de Intervención Familiar e dous responsables dos centros educativos locais (instituto e colexio)
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion