versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Propoñen un candidato a director para o colexio de Pedrouzos 'in extremis'

[28/04/2010]

A normativa impedía presentarse ao actual responsable por carecer dun curso. A lei é dura, pero é a lei. E cando se trata de caprichosas normativas, máis do mesmo. A cuestión é que a comunidade educativa do CEIP de Pedrouzos (Brión) deu, por fin, cun candidato para exercer o posto de director, xa que o actual titular, José Antonio Martínez, carece do pertinente curso de capacitación. Desta forma, propúxose a Rafael Soneira, único candidato disposto a asumir o cargo, a expensas de que Educación acepte.

A cuestión non é banal, e mesmo chegou ata o pleno, cando a Corporación "aprobou, cos votos do PSOE e BNG -o PP abstívose-, esta moción en apoio ao director a petición dá asociación de pais, do instituto e dous profesores do centro", apuntan dende a administración local.

O problema era que o 30 de xuño entraba en vigor a nova norma, e aínda que a Martínez lle queda aínda un ano de cargo con director -correspondente ao curso 2010-2011-, non podería exercer. Tampouco había demasiada predisposición entre os seus compañeiros para o reto. Finalmente, Inspección educativa inclinou a balanza... Polo ben dos brioneses e os seus descendentes.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion