versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Cen mozos brioneses poderán participar en xullo nunha viaxe de intercambio con Guillena, Sevilla

[21/04/2010]

O goberno local brionés puxo en marcha unha iniciativa para invitar os mozos do municipio a participar en xullo nunha viaxe de intercambio coa localidade sevillana de Guillena. O Concello enviou 1.650 cartas aos mozos con idades entre os 18 e os 35 anos para informalos da convocatoria. Hai cen prazas para os primeiros que se inscriban a partir de maio e aboen 80 euros. Este prezo inclúe a viaxe de ida e volta en autobús e o aloxamento e a manutención durante os oito días do intercambio. Tamén cobre desprazamentos a Córdoba, Cádiz, Huelva e Sevilla ademais das entradas para a Gruta das Marabillas en Huelva e o parque temático Illa Máxica da capital hispalense. O 4 de maio os interesados terán ocasión de coñecer os pormenores e resolver as súas dúbidas nunha reunión informativa ás 21 horas na Escola de Música.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion