versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A primeira marcha cicloturista de Brión prevista para o domingo supera os oitenta inscritos

[14/04/2010]

A primeira marcha cicloturista en bicicleta de montaña, organizada polo club Os Esfola Arrós en colaboración co Concello de Brión, supera os oitenta inscritos, aínda que o prazo para anotarse non quedará pechado ata mañá. A marcha está planificada para o domingo cun percorrido polos montes de Brión a través de sendeiros sinalizados e adaptados á práctica ciclista.

As persoas interesadas en participar deben aboar doce euros se son ciclistas federados e vinte se non a son. Ademais do dereito a participar, os organizadores ofrecen servizo de avituallamento, duchas, lavado de bicicletas, asistencia mecánica e unha festa co sorteo de regalos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion