versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Fenosa instalará 4 transformadores para acabar cos cortes en Brión

[14/04/2010]

A compañía achaca ás fortes tormentas eléctricas na zona os problemas no servizo que se produciron a finais de febreiro e principios de marzo. García espera que as actuacións se acometan "canto antes". Tal como anunciara ante o clamor popular, Unión Fenosa dará resposta definitiva aos reiterados cortes de luz que padeceron os veciños de Brión nos últimos meses.

O xefe de Distribución da empresa en A Coruña, Juan Ramón Guijarro Castro, ratificou onte ao alcalde de Brión, Xosé Luis García, o compromiso que xa adiantara publicamente, confirmando que "está prevista a instalación de catro centros de transformación nos lugares de Buio, Piñeiro, Souto e Sanín co fin de mellorar a calidade da subministración eléctrica neste municipio". Esta comunicación foi remitida por carta ao Concello de Brión con data 29 de marzo en resposta ás distintas queixas presentadas tanto polo Concello como pola Asociación de Empresarios Altamira, ante a propia Unión Fenosa, a OCU e a Consellería de Economía e Industria.

O rexedor brionés espera agora que "Unión Fenosa cumpra CoA súa palabra tal e como fixo ou ano pasado non que acometeu importantes investimentos e melloras na calidade de subministro eléctrico de Brión". Neste sentido, o alcalde apunta que "Fenosa confirmounos que a instalación deses catro centros de transformación xa está adxudicada dende hai tempo, polo que agardamos que a súa instalación se faga canto antes".

Na súa misiva, a empresa eléctrica lamenta tamén os prexuízos que tiveron lugar a causa dos cortes de servizo producidos en Os Ánxeles (concretamente en Piñeiro, Gontade, Buio e Cabanas), Bastavales e Liñares; problemas que atribúen ás "fortes tormentas eléctricas" que tiveron lugar na zona nas devanditas datas.

O DATO

Caída de árbores

Segundo indicou Fenosa ao Concello de Brión, os cortes de luz de Liñares producíronse ao caer eucaliptos sobre a liña eléctrica en Trasouteiro.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion