versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Xunta amplía o límite da autovía ata Brión a 120

[14/04/2010]

Equipara así a marxe de velocidade ao da xeneralidade de vías de alta capacidade. Ata o momento estaba restrinxida a 100 quilómetros por hora. Instalarán 22 sinais informativos, doce en sentido a Noia e dez cara a Santiago. A autovía AG-56, Santiago-Brión funcionará dende o mes que vén como unha verdadeira vía de alta capacidade, na que o límite velocidade será, como corresponde, o máximo autorizado pola lexislación española: 120 quilómetros por hora. Así anunciábao onte a Xunta, que informaba da ampliación da restrición de velocidade permitida de 100, como estaba establecido ata o momento, a 120 quilómetros por hora. Este cambio se visibilizará a través da instalación de novos sinais de limitación de velocidade, que comezarán a colocarse mañá mesmo e rematarán dentro de dúas semanas, cando, polo tanto, todo o tramo existente de autovía pasará a estar limitado a 120.

Durante este período instalaranse un total de 22 sinais, 12 en sentido Noia e 10 en sentido Santiago, así como 16 sinais e paneis direccionais ao longo de oito curvas. Tamén se instalarán limitacións de aproximación nos tramos finais en cada sentido.

Partindo dos mesmos criterios de sinalización seguidos nas autovías de Barbanza e Salnés, e avalados por estudios técnicos do trazado e sinalización, a Dirección Xeral de Infraestructuras elaborou unha proposta de actuación que resulta coherente cunha interpretación razoable da normativa, á vez que beneficia aos usuarios sen detrimento da seguridade viaria, explica a Xunta. De feito, a opinión pública viña reclamando durante os dous anos de vixencia desta autovía esta ampliación do límite de velocidade para equiparar a AG-56 ás demais autovías e autoestradas galegas, dado que o límite de 120 quilómetros por hora é o que impera en todas as vías de alta capacidade de titularidad autonómica de Galicia.

A Consellería de Medio Ambiente toma esta decisión baseándose na necesidade de que os tramos sexan homoxéneos e perfectamente recoñecibles para o usuario, unificando a limitación de velocidade nas autovías autonómicas. Cabe sinalar que para a nova proposta de sinalización a Consellería tomou como base o trazado da autovía e o estudio de visibilidade de parada a 120 quilómetros por hora.

FINAL DE TRAXECTO

Un carril pechado

Dende fai xa máis dun mes o tramo final da autovía, na súa chegada xa a Brión, ten un carril cortado por obras de mantemento da calzada. Trátase dos últimos metros en dirección Noia e o corte atópase indicado en carteis electrónicos e con conos na vía.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion