versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Negreira, Brión e Ames queren seguir coa súa guerra contra a droga

[10/04/2010]

Onte clausurábase na capital barcalesa o programa que seguiron 323 alumnos e 18 docentes. Carlos Fernández promete loitar para que se reedite. O programa Cinensino de prevención de drogodepencias acaba de chegar a súa fin para os alumnos de Negreira, Ames e Brión que o seguiron, sen esquecer que tamén achegou formación aos docentes. Non obstante, no acto de clausura, onde se elixía a capital de Barcala para proxectar a película Pequenos invasores, o alcalde de Ames prometía loitar para darlle continuidade, unha noticia aplaudida polo seu homólogo nicrariense, Jorge Tuñas Caamaño, e a edil brionesa Patricia Vázquez.

Desta forma, e durante o presente curso escolar, foron 323 escolares e 18 profesores, dos institutos de Ames, Brión e o Xulián Magariños, de Negreira os que participaron nesta actividade. O rexedor amiense, Carlos Fernández, explicou que os tres concellos teñen o compromiso de seguir desenvolvendo este programa durante os próximos anos. Pola súa banda, o rexedor Jorge Tuñas felicitou á representación que acudirá ao certame en Madrid e animou os rapaces a seguir estudando. Tamén aplaudiu a iniciativa a concelleira brionesa Patricia Vázquez.

Cinensino é un programa de prevención de drogodependencias dirixido ao ámbito escolar e ten, como obxectivo final, impedir ou atrasar o inicio no consumo de drogas do alumnado. O programa foi dirixido aos alumnos de 1º e 2º da ISO, por ser nesta idade na que se producen os primeiros consumos esporádicos de drogas. A intervención preventiva debe comezar antes de que se establezan patróns de consumo habituais.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion