versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Levantan a suspensión a Pirotecnia López

[11/04/2010]

Tres informes avalan o cumprimento de todas as normas. Culpan da explosión unha tormenta eléctrica. O pasado 25 de marzo produciuse unha deflagración nas instalacións de Pirotecnia López, en Os Ánxeles. O Concello de Brión non tardou en reaccionar e pronto decretou a suspensión preventiva dunha empresa que se instalou na zona en 1949 cando non existía ningunha casa nin a gasolineira, ás que se lle concedeu permiso de construción a sabendas da existencia dunha empresa pirotécnica no lugar.

Pola súa banda, Santiago López presentaba nas dependencias municipais o informe técnico que lle solicitaran e un escrito de alegacións.

Ese informe sumábase aos que elaboraran a Garda Civil, a subdelegación del Gobierno e a Consellería de Industria. Ningún dos tres documentos atopou anomalías nas instalacións de Pirotecnia López aínda que poñen en coñecemento do Concello que é probable que a causa da explosión estivese na tormenta eléctrica dese mesmo día.

Unha vez visto que os informes avalan o cumprimento de todos os extremos do Regulamento de Explosivos -incluído o apartado que establece as normas de deseño e localización de talleres de pirotecnia-, a alcaldía decidiu deixar sen efecto a medida preventiva de suspensión que acordara o 26 de marzo e así fíxollo/llelo saber aos responsables de Pirotecnia López, que recibiron a notificación o 9 de abril ás tres da tarde.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion