versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión afronta dous saneamentos máis tras rematar as obras nos núcleos de Saíme e Gosende

[01/04/2010]

Os operarios municipais de Brión acaban de iniciar as obras de saneamento e abastecemento de auga nos lugares de Saíme (Bastavales) e Gosende (Os Ánxeles), uns traballos que estarán acabados a finais deste mesmo mes de abril, segundo previsións municipais.

Xusto a continuación, estes mesmos operarios acometerán o saneamento e abastecemento de Souto e Gontade, localidades ambas as dúas correspondentes á parroquia de Os Ánxeles e as obras da cal prevese que estean finalizadas antes do verán.

As obras de Saíme e Gosende están incluídas dentro do plan de cooperación da Deputación por un importe total de 176.000 euros, importe ao que o Concello contribúe con 17.600 euros. Ademais, o Concello aproveitará estes traballos de instalación da rede de saneamento para levar tamén o abastecemento de auga a estas catro localidades.

As obras execútanas operarios municipais auxiliados por unha retrocargadora de rodas e un martelo-pa de 22 toneladas, así como outras tres pas, dous martelos, un camión e un tractor con grúa, unha maquinaria alugada expresamente á empresa Concepción Outeiro por un importe de 59.500 euros tras a adxudicación definitiva do contrato o pasado 23 de marzo.

Con estas obras Brión avanza no seu obxectivo de completar o saneamento en todo o municipio. Así, en verán do ano pasado dotou de saneamento aos núcleos de Espiñeiros, Vexo e Cristimil, aínda que antes se fixo en Gundín, Vilas e Vioxo de Abaixo, co que case 350 novos veciños se incorporaron ao acceso a estes novos servizos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion