versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os concellos aceleran a ratificación do convenio do transporte comarcal

[01/04/2010]

Teo deu o seu visto bo ao anexo técnico onte e xa só falta que o faga Vedra. O prazo outorgado pola Xunta non expira ata o 15 de abril. É a última fase municipal. Dez anos de espera son xa demasiados para dilatar aínda máis a tramitación dun convenio efectivo para a prestación do servizo de transporte metropolitano. Así parece entendelo os concellos da bisbarra adheridos ao plan, que pisaron o acelerador para recortar no posible os prazos e deixar feitos, con tempo, os deberes antes de trasladar a tramitación á Xunta xa de forma definitiva.

Nunha das últimas reunións entre os munícipes de Ames, Teo, Brión, Oroso, Val do Dubra, Vedra, Boqueixón, Touro, Trazo e O Piñeiro e o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, os concellos comprometéronse a ratificar a súa adhesión ao convenio e o anexo técnico proposto pola Xunta antes do próximo 15 de abril. Pois ben, xa a primeiros de mes, nove dos dez, a excepción única de Vedra, teñen pechado este trámite. Os últimos en facelo foron Teo e O Piñeiro, en senllos plenos ordinarios, celebrados onte nos que se daba o visto bo de Corporación a este punto.

Pola súa banda, o alcalde de Vedra explicaba onte que aínda non puido presentar esta proposta ao pleno debido ás vacacións destas datas, pero que o fará a semana que vén, polo que tamén terá en prazo realizada a xestión.

Deste modo culminarase a última fase de competencia municipal na tramitación do convenio do transporte metropolitano, que entra, definitivamente, na recta final para a súa posta en marcha. Unha vez pechada a tramitación municipal, que inclúe a aceptación por parte dos concellos da proposta técnica referente ás liñas, as frecuencias horarias e os perfís tarifarios, será a Xunta a que teña a pelota no seu tellado. Á Administración autonómica corresponderá ultimar os aspectos técnicos que permitan a entrada en funcionamento do servizo. Para iso realizáronse xa as primeiras probas coas máquinas canceladoras de billetes, un dos principais retos técnicos do novo convenio. Ademais terá que unificar os bonos de transporte, identificados con cores diferentes para cada tipo de tarifa e mellorar a dotación de marquesiñas e paneis informativos.

En canto ao mapa de circulación, o novo convenio incluirá 16 liñas máis. Doce delas serán de carácter supramunicipal e catro impulsadas por dous municipio, Teo e Brión que crean trazados interiores para unha maior cobertura poboacional, asumindo o custo dende as propias arcas locais.

O programa créase cun cuádruplo obxectivo: mellorar a conectividade entre as redes de transporte público, incrementar a oferta, implantar un sistema tarifario integrado e mellorar as infraestruturas e información aos pasaxeiros.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion