versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Meta voante para o bus comarcal

[05/04/2010]

Nove dos 10 concellos adheridos ao plan do transporte ratificaron xa o anexo técnico. A partir da próxima semana a Xunta encargarase da tramitación final do convenio. Tras 10 anos de desesperante quietude, o transporte metropolitano de Santiago avanza por fin no seu tramo final cara á meta: o convenio que regule un servizo, por fin, adaptado ás necesidades reais dos usuarios.

Nos días pasados a tramitación deste convenio alcanzaba unha meta voante que, posiblemente, sexa xa a última anterior á definitiva. Asi nove dos dez concellos da adheridos ao convenio: Ames, Teo, Oroso, Brión, Boqueixón, Val do Dubra, O Piñeiro, Touro e Trazo ratificaron en pleno a súa participación no programa e deron o visto bo ao anexo técnico proposto pola Xunta no que se recollen as liñas, frecuencias e perfís tarifarios.

Só Vedra terá falta por facelo. Unha vez a unha ao resto, os 10 concellos trasladarán á Xunta este visto bo, antes do día 15 segundo o acordado, e esta tramitará o inicio do servizo.

CONTIDO DO CONVENIO

Dieciseis novas liñas a partir do segundo semestre do ano

A proposta de anexo técnico presentada aos concellos pola Consellería de Transporte, baseada tecnicamente na que presentara o anterior Goberno bipartito, reforzará o transporte metropolitano con 16 novas liñas, 12 delas de carácter supramunicipal e catro impulsadas por dous municipios, Teo e Brión que crean trazados interiores para unha maior cobertura poboacional, asumindo o custo dende as propias arcas locais.

O programa créase cun cuádruplo obxectivo: mellorar a conectividade entre as redes de transporte público, incrementar a oferta, implantar un sistema tarifario integrado e mellorar as infraestruturas.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion