versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A UD Bastavales conseguiu o título de Liga alevín fútbol 7

[06/04/2010]

A Unión Deportiva Bastavales-Escolas Deportivas Municipais de Brión, vén de proclamarse campión de Liga Alevín fútbol 7 no grupo 6. Despois de catorce disputados o equipo brionés alzouse co título gracias aos 35 puntos logrados, con tres puntos de vantaxe sobre o Dubra, segundo calsificado, e catro sobre o Bertamiráns, terceiro na táboa.

Os xogadores que dirixe José Manuel Trigo Romero, técnico de deportes do Concello de Brión, remataron a competición con 11 partidos gañados, dous empatados e só unha derrota. Anotaron un total de 105 goles e encaixaron 35. Trigo Romeiro sinala que "a consecución do título non é unha casualidade pois os cativos amosan en cada encontro unhas gañas e unha ilusión enormes".

Esta vitoria é especialmente celebrada en Brión dado que a UD Bastavales-Escolas Deportivas Municipais de Brión é un conxunto de recente creación, esta era a súa segunda tempada na competición federada. Un equipo creado despois da inauguración do campo de herba artificial, instalación na que disputan os seus encontros e tamén adestran dous días á semana.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion