versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O club compostelano Os Esfola Arrós difunde a bicicleta de montaña polo Val dá Amaía

[30/03/2010]

A primeira edición da marcha cicloturística en bicicleta de montaña Os Esfola Arrós, organizada polo club ciclista compostelano Os Esfola Arrós en colaboración co Concello de Brión, conta xa con máis de oitenta inscritos. A iniciativa terá lugar o próximo 18 de abril polos montes brioneses que rodean o Val de Amaía

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o próximo 15 de abril a través da páxina web osesfolaaros.blogspot.com, á que se pode acceder dende a web municipal do Concello de Brión (www.concellodebrion.org). A cota de inscrición é de 12 euros para ciclistas federados e de 20 euros para os non federados (pois aboarán oito euros máis para conseguir unha licenza federativa dun día). Tamén se admitirán inscricións o mesmo día da marcha, iso si, cunha recarga de tres euros. A marcha discorrerá por sendeiros sinalizados e adaptados á práctica ciclista, combinando carreiros e subidas.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion