versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Xunta incrementa o servizo de Noitebús en Semana Santa

[28/03/2010]

O servizo será reforzado con dezasete novas rutas. A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, reforzará o servizo de transporte Noitebús en Semana Santa con dezasete novas rutas, segundo informou hoxe a Consellería de Medio Ambiente, nunha nota de prensa.

As novas rutas son Santa Mariña-Camariñas-Santa Mariña; Ferrol-Valdoviño-Cedeira; Boimorto-Melide-Lalín-Melide; Friol-Melide; Arzúa-Melide-Pas de Rei; Colán-Melide; Melide-Santiso-Melide, Melide-Sobrado-Toques-Melide; Ou Grove-Sanxenxo; Pontevedra-Sanxenxo-Portonovo; Cangas-Vigo; Pontevedra-Bueu-Cangas; A Illa-Vilanova-Cambados; Vilagarcía-Pontevedra e, Catoira-Vilagarcía-Sanxenxo.

O prezo do billete mantense nos dous euros para a viaxe de ida e volta.

A Dirección Xeral de Mobilidade sinala que durante os meses de xaneiro e febreiro utilizaron o servizo do Noitebús un total de 78.714 usuarios.

As rutas máis demandadas foron Negreira-Brión-Bertamiráns-Santiago de Compostela con 2.598 usuarios, seguida de Ribeira-Padrón con 2.454, A Coruá-Betanzos con 2.145, Redondela-Vigo con 1.890, Carballo-Ordes-Carballo con 1.732, Marín-Pontevedra con 1.448 e Cambre-A Coruña con 1.212 usuarios.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion