versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión suspende as actividades da Pirotecnia López tras a deflagración

[27/03/2010]

A caseta non se poderá reconstruír. Contiña carbón e nitrato, moi inflamables. O Concello insta o propietario a que presente a documentación e se traslade a Rañalonga. Os veciños poden comunicar xa os danos. O Concello de Brión expresouse claramente: unha e non máis. Así, ás poucas horas de producirse a deflagración -o titular do negocio, Santiago López, nega calquera explosión- que o pasado xoves destruía unha das casetas da Pirotecnia López en Alqueidón, o rexedor José Luis García acaba de decretar a paralización inmediata e preventiva de actividade na empresa onde, o 6 de novembro de 2003, perdía a vida o traballador Carlos Ardións. Ademais, insta o propietario a que complete a documentación para recibir a licenza definitiva que faga posible o seu traslado ás novas instalacións de Rañalonga, zona de Viceso.

En canto ao parecer de Santiago López, é radicalmente distinto. Asegura "que algúns veciños da zona nin percibiron" o estrondo, e recorda que o seu taller "é perfectamente legal e reúne as condicións". Tamén destaca que "nun ou dous meses, cando me dean os permisos" poderá trasladar a actividade á nova sede, aínda que quere manter a actual.

Así as cousas, nun dato parece estar de acordo o Concello e Santiago López: o que almacenara no interior da caseta "era carbón e nitrato", dous dos compoñentes da pólvora -o terceiro, ao parecer ausente, sería o xofre- moi inflamables. A noite de tormenta e o evidente aparato eléctrico poderían facer o resto en forma de chispazo en calquera cable, interruptor ou enchufe da caseta, diseminada agora nun radio de cincuenta metros. Onte comprobaban esta circunstancia axentes da Garda Civil e especialistas en explosivos para dar coa causa e depurar posibles culpabilidades ou neglixencias. A suspensión preventiva do exercicio de actividade manterase ata que o Concello comprobe, logo de informe de administracións sectoriais competentes, "a viabilidade de exercicio de actividade en condicións en que se atopa a instalación na actualidade". E, neste sentido, José Luis García indicou que incoará expediente para determinar a posibilidade do mantemento da actividade da pirotecnia tras a explosión ou, no seu caso, a conveniencia da súa clausura.

O rexedor dirixiuse agora aos veciños de Alqueidón e Guitiande para que informen de danos -parece que polo menos unha porta resultou danada- de cara a pedir responsabilidades, e advirte que a caseta non se poderá reconstruír. O propietario da pirotecnia terá que presentar a documentación técnica subscrita por técnicos competentes que acrediten o cumprimento das medidas correctoras impostas a este tipo de actividade pola lei.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion