versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os concellos teñen pendente aprobar a ordenanza que regulará o sistema do bonobús social

[26/03/2010]

Co texto do convenio do transporte metropolitano ratificado en boa parte dos concellos limítrofes con Santiago, os concellos teñen agora pendente elaborar a ordenanza municipal que establecerá os criterios polos que se van rexer as axudas ao transporte para determinados colectivos.

A modificación máis importante é que os usuarios maiores de 65 anos deixarán de ter servizo de transporte gratuíto e terán que aboar unha parte do custo do billete, aínda que o prezo será notablemente inferior aos 72 céntimos de euro do billete comarcal.

Os concellos pecharon este acordo hai tempo pero agora están a traballar no texto que fixará o importe das axudas e os criterios para concedelas. A idea final é que na seguinte sesión plenaria a ordenanza quede ratificada o antes posible, xa que a Xunta ten como referente o mes de xuño para que o convenio da área compostelana entre en vigor.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion