versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Explosión sen vítimas na pirotecnia López de Brión

[26/03/2010]

As alarmas volvía a saltar onte na parroquia brionesa de Os Ánxeles, tras rexistrarse, ao fío xa das 22.00 horas, unha forte explosión nunha das casetas da pirotecnia López de Guitiande. Segundo Emerxencias de Brión, non se atopaba ninguén no interior do habitáculo, polo que polo que se limitaron a apagar os rescaldos e arrefriar a zona para retirarse á súa base ás 23.00 horas aproximadamente.

Tal como apuntaban os veciños, e traballadores da próxima gasolineira, o estrondo foi "moi forte", o que enseguida os fixo volver a mirada cara ás instalacións estremeiras onde se sitúa a sede da pirotecnia. Dende Emerxencias apuntaban que foi necesario baleirar media motobomba ata deixar asegurada a zona, á que se desprazaron dous membros deste corpo de intervención.

Atrás queda outra explosión na citada pirotecnia que, o 6 de novembro de 2003, segaba a vida de Carlos Ardións. O propietario anunciaba o traslado ao rural (Viceso) das instalacións.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion